top of page

Cuarto de primaria

Para rematar o curso imos a homenaxear a John Williams, grande compositor de bandas sonoras, a quen se lle concedeu o Premio Princesa de Asturias das Artes. Escoitade con atención este fragmento da banda sonora de Harry Potter e acompañade co ritmo que nos propón Nerea Seijoso.

Unha nova partitura para poder tocar coa frauta ou cun piano dixital.

 

ipanema
ipanema.1.PNG

Con esta proposta practicamos esquemas rítmicos e a lectura de negras e corcheas.

O día 17 de Maio celebramos o Día das letras galegas así que a actividade desta semana consiste en cantar "O Rodaballo" Podedes grabar un anaquiño e mandalo ao meu correo electrónico.

RODABALLO

Nunha lancha de Marín coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra ui, ai, ai, roubaron un rodaballo.BIS

Aila lala lalala, aila lala lalala,
aila lala lalala, ai, ai, ié.
BIS

O patrón que o mandaba era un señor de Marín BIS
dicialle o rodaballo: ui, ai, ai, moito miras para min! BIS

Aila lala lalala...

Fórono vender á lonxa e con moito disimulo BIS
e quen llo foi a mercare ui, ai, ai, a filla do Cachirulo! BIS

Aila lala lalala...

Esta é a verdadeira historia do famoso rodaballo BIS
que por non haber aceite,ui, ai, ai, houbo que comelo asado. BIS

Aila lala lalala...

Imos tocar!!!

Clap_Your_Hands.mp3

Imos practicar de novo coa frauta ou co teclado.

Lembrade as notas, man esquerda:

Si- Primeiro burato tapado

LA- Dous buratos tapados

SOL- Tres buratos tapados

Podes tocar o piano co teclado do ordenador:

SI- letra A

LA- letra P

SOL- letra O

notas en piano.png

Este é o nome de cada unha das notas no teclado dun piano. Como vedes, as notas negras van en grupiños de 2 e 3 notas e repítense.

clapyourhands.PNG

Proposta para bailar e compoñer

COMPOÑER MÚSICA

Estas ferramentas serven para compoñer música. Aquí vos deixo os enlaces:

INCREDIBOX, co que podedes compoñer con diferentes estilos.

Chrome Music Lab  é un sitio web con divertidos experimentos musicais.

PATATAP, para producir sons co teclado ou tocando a pantalla co dedo.

Con TYPATONE cada letra que se escribe corresponde a unha nota musical.

RADAR, é un experimento de audio. Funciona ben en Chrome e Safari.

E para compoñer colocando notas e silencios nun pentagrama podemos utilizar

TOYTHEATER

ritmo clap clap.jpg

O primeiro que tedes que facer é ler este ritmo. Recordade esperar nos silencios.

A continuación necesitaredes un vaso ou un envase de plástico mais unha culler, un rotulador ou calquera cousa coa que poidades golpear.

Mirade o video que tedes debaixo e a practicar!!!!

Podedes facelo solos ou con outra persoa da casa.

Tambor

Aquí tedes unha frauta para que poidades practicar ainda que non a teñades na casa.

Premede en "Notas más comunes" e listo!!

aireclasico.PNG

Déixovos "Aire Clásico". Xa empezamos a estudiala no cole e agora tócavos practicar un pouquiño na casa. Como podedes ver non ten o nome das notas.

si_la_sol.jpg
Tocando la flauta
bottom of page