canta na casa
Primeiro de primaria
Para rematar este curso tan RARIÑO cantaremos duas cancións que nos falan do tempo do VERÁN. Espero que o desfrutedes o mellor posible.



Unha canción de "OPOSTOS".
Temos que saber os contrarios para poder repetir pero tamén hai que estar moi atentos ao ritmo da canción.
Para realizar esta actividade necesitades un par de vasos ou envases de plástico e repetir o ritmo que escoitades.
¡¡RITMO!!
Imos aprender unha versión moi moderna da "Saia da Carolina" e outra do "Canciño" que nos cantan os membros de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Aquí temos a Beethoven, compositor desta contradanza que imos acompañar con palmas e unhas voltiñas.

Unha nova proposta de baile. Con esta coreografía podemos marcar o ritmo da música e divertirnos ao mesmo tempo.
Debemos quedar conxelados cando diga "FREEZE".
COMPOÑER MÚSICA
Estas ferramentas serven para compoñer música. Aquí vos deixo os enlaces:
INCREDIBOX, co que podedes compoñer con diferentes estilos.
Chrome Music Lab é un sitio web con divertidos experimentos musicais.
PATATAP, para producir sons co teclado ou tocando a pantalla co dedo.
Con TYPATONE cada letra que se escribe corresponde a unha nota musical.
RADAR, é un experimento de audio. Funciona ben en Chrome e Safari.
E para compoñer colocando notas e silencios nun pentagrama podemos utilizar
TOYTHEATER
Canción de "Susana" con acompañamento de percusión corporal. Fixádevos moi ben en como fan estes nenos e nenas para poder imitar.

Ola a todos e todas!!!
Empezamos cantando!!!
Adicado as fanadas e fanados de primeiro.
Imos practicar este ritmo.
Cando sae unha negra:PAN
Cando sae un silencio: SHH
Ola a todos e todas!!!
Quen se apunta a marcar o ritmo con esta canción.
No lugar de PAN e CO-ME, como estamos acostumados na clase, farémolo en inglés: BEET e CHE-RRY, pero o importante e seguir o ritmo coas palmas.
A bailar!! Temos que movernos mais ca nunca agora que estamos pechados na casa.