canta na casa
Sexto de primaria
Para rematar o curso e, de paso, homenaxear ao noso admirado John Williams polo recente premio Princesa De Asturias das Artes, propóñovos unha versión "superfácil" dun fragmento moi coñecido da banda sonora de Star Wars.
Para realizar esta actividade de ritmo necesitades unha parella. Primeiro debedes aprender os xestos e despois axustalos ao ritmo da música.
Tedes unha tarefa publicada na plataforma EDIXGAL. Primeiro debedes ver con atención o pequeno titorial básico de MuseScore e despois completar a tarefa.

Para celebrar o Día das Letras Galegas imos tocar e canta unha canción tradicional: "Camariñas". Esta versión está interpretada por Luz Casal con Luar Na Lubre.

CAMARIÑAS

Audio do reto nº2!!!
Esta actividade serve para traballar o ritmo a través da percusión corporal...pero tamén é unha pista...
COMPOÑER MÚSICA
Xa coñecedes algunha ferramentas para compoñer música. Aquí vos deixo os enlaces:
INCREDIBOX, co que podedes compoñer con diferentes estilos.
Chrome Music Lab é un sitio web con divertidos experimentos musicais.
PATATAP, para producir sons co teclado ou tocando a pantalla co dedo.
Con TYPATONE cada letra que se escribe corresponde a unha nota musical.
RADAR, é un experimento de audio. Funciona ben en Chrome e Safari.
E para compoñer colocando notas e silencios nun pentagrama podemos utilizar

Novo reto musical: xa sabedes como funciona. Primeiro haberá que saber o nome das notas, depois tocar e adiviñar o nome desta canción. Se non tedes a frauta na casa utilizade os instrumentos que tedes mais abaixo. Mandádeme as vosas respostas cunha mensaxe a través da plataforma edixgal.
Unha pista: seguro que vos entran ganas de bailar...
Comezamos o trimestre con ritmo. Déixovos un titorial para que o poidades aprender. Solo necesitades un vaso de plástico.
Para celebrar que o día 28 de marzo é o "DIA DO PIANO" propóñovos que vexades este vídeo para que disfrutedes con tódalas posibilidades expresivas que ten este instrumento.
Adiviña o título!!
ATENCIÓN
Se xa sabedes cal é o título, enviádeme unha mensaxe a través da plataforma EDIXGAL.
Algúns xa o fixeron!!!

Este reto consiste en averiguar a que canción pertence este fragmento.
Para averigualo teredes que tocar a partitura coa frauta ou cun instrumento online que tedes mais abaixo.
Hai uns compases complicados pero en canto descubrades o título van ser moi doados xa que ides seguir o ritmo da letra. Ánimo!!
ATENCIÓN
AUDIO DA PARTITURA
Podedes utilizar esta frauta. Debedes escoller "Notas más comunes" e ao pasar o cursor por riba soarán.

Podedes probar con este teclado online.
Pero se tedes un instrumento na casa, PERFECTO!!!