canta na casa
Segundo de primaria
Para rematar o curso propóñovos unha lectura rítmica.
O ritmo leva negras e silencios de negra.
Tedes que estar moi atentos e marcar o pulso para non perdervos.
Seguimos o debuxo das "Bodas de Fígaro", de Mozart.

BAILE!!!
Xa sabedes que de cando en vez tócanos bailar, aprender unha coreografía...
Propóñovos que sigades estas coreografías moi sinxelas e divertidas. Seguro que atopades algunha que vos divirta, hai 7 distintas!!!
Imos aprender unha versión moi moderna da "Saia da Carolina" e outra do "Canciño" que nos cantan os membros de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Esta seman practicaremos un exercicio de ritmo. Cada esquema repítese duas veces para que poidamos imitalo.
Podedes mandarme ao correo electrónico un video de como o facedes na casa.
Esta seman tócavos bailar. Fixádevos moi ben nos pasos e estade atentos ao ritmo.
A bailar!!!!
COMPOÑER MÚSICA
Estas ferramentas serven para compoñer música. Aquí vos deixo os enlaces:
INCREDIBOX, co que podedes compoñer con diferentes estilos.
Chrome Music Lab é un sitio web con divertidos experimentos musicais.
PATATAP, para producir sons co teclado ou tocando a pantalla co dedo.
Con TYPATONE cada letra que se escribe corresponde a unha nota musical.
RADAR, é un experimento de audio. Funciona ben en Chrome e Safari.
E para compoñer colocando notas e silencios nun pentagrama podemos utilizar
Esta é a "Marcha Turca" de Mozart.

A ver quen se atreve con este xogo musical. So fan falta catro follas de papel e un pouco de concentración. Se non tedes folios de cores podedes colorear unhas follas ou recortar dunha revista. Agora solo hai que convencer a alguén da casa para que se apunte a facelo con nos.
E agora unha canción.Podedes escoitala tantas veces como queirades ata que consigades aprendela.