canta na casa
Quinto de primaria
Imos rematar o curso cunha lectura rítmica sinxela de ler pero que vai un pouco rápida.
Acompañamento con percusión corporal da famosa canción de Queen: "We will rock you"
Tedes unha tarefa publicada na plataforma EDIXGAL. Primeiro debedes ver con atención o pequeno titorial básico de MuseScore e despois completar a tarefa.

Para celebrar o Día das Letras galegas o vindeiro día 17 de maio, imos cantar unha canción tradicional. "Lévame lévame", interpretada por Treixadura.
Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame, meu queridiño:
eu tamén quero bailar.
Onde vas, meu queridiño?
Onde vas meu caravel?
Vou buscar berberechiños
para darlle o meu querer
para darlle o meu querer
para darlle o meu amor.
Onde vas, meu queridiño?
Onde vas meu corazón?
Lembrades a canción que usamos no entroido?
"Highway to hell", de AC/DC
Imos practicar este fragmento coa flauta ou co teclado virtual. É moi sinxela, solo ten duas notas: LA e SOL. Tamén podedes tocar usando o teclado do ordenador:
P=LA e O=SOL
Un video sobre a orquesta e propostas para compoñer
Neste video de Academia Play podemos escoitar a Jaime Altozano falándonos do funcionamento dunha orquestra.
COMPOÑER MÚSICA
Xa coñecedes algunha ferramentas para compoñer música. Aquí vos deixo os enlaces:
INCREDIBOX, co que podedes compoñer con diferentes estilos.
Chrome Music Lab é un sitio web con divertidos experimentos musicais.
PATATAP, para producir sons co teclado ou tocando a pantalla co dedo.
Con TYPATONE cada letra que se escribe corresponde a unha nota musical.
RADAR, é un experimento de audio. Funciona ben en Chrome e Safari.
E para compoñer colocando notas e silencios nun pentagrama podemos utilizar
Imos aprender unha "Xota" con Miguel Sotelo. Seguide con atención tódolos pasos e veredes como vos sae.
Neste exercicio de ritmo tedes que copiar o modelo e repetir como fan eses nenos.
Intentádeo e veredes como vos sae!!!
Para celebrar que o día 28 de marzo é o "DIA DO PIANO" propóñovos que vexades este vídeo para que disfrutedes con tódalas posibilidades expresivas que ten este instrumento.
Boa seman a todos e todas!!
Esta semana propóñovos traballar un pouco o ritmo. Xa sei que non tedes baquetas na casa, pero podedes utilizar un par de rotuladores, dous palillos chineses como os que usamos na clase, ou un par de culleres de pau, depende do ruído que vos deixen facer na casa ;)
Trátase dun ritmo moi sinxelo.
Tedes que alternar as "baquetas".
Podedes percutir nunha mesa, nunha caixa ou sobre un tupper.

No seguinte enlace debedes agudizar o oído para descubrir cal é o instrumento que está soando. Tedes 24 oportunidades para acertar. A qué familia pertence? É un instrumento de corda, de vento ou de percusión?
