top of page

Terceiro de primaria

Para rematar o curso aquí tedes un dos acompañamentos rítmicos que mais vos gustan. Podedes utilizar un par de lápices para golpear sobre unha mesa e recordade: escoitade con moita atención e non vaiades mais rápido do que marca a música.

Imos aprender a canción KOKOLEOKO acompañada cun xogo de palmas marcando o ritmo. É moi divertida se a facemos con outra persoa.

Nenos e nenas de terceiro a bailar!!!

Neste video tedes varias coreografías moi fáciles, ainda que as monitoras e monitores falan en inglés seguro que seguides as instrucións sen problema.

Tócanos cantar outra vez. Esta é a versión de Johnny Güimil da canción "PARA VIR A XUNTO A MIN". Está colgada en Aulas Galegas.

LETRA

 

Para vir a xunto a min,

para vir a xunto a min,
vai lava-la cara,

vai lava-la cara,

vai lava-la cara, ghalopín!

Imos marcar o ritmo de "I wan to break free", unha famosa canción de Queen, utilizando un bolígrafo, un lapis ou algo parecido que teñades na casa.

Nerea Seijoso preparou este estupendo ritmograma para que os mais roqueiros de terceiro o desfruten.

Para celebrar que hoxe é o día mundial da danza propóñovos aprender estes bailes que nos ensina PES DE LAN dende o "Salón Virtual" do Pazo da Cultura de Pontevedra.

COMPOÑER MÚSICA

Estas ferramentas serven para compoñer música. Aquí vos deixo os enlaces:

INCREDIBOX, co que podedes compoñer con diferentes estilos.

Chrome Music Lab  é un sitio web con divertidos experimentos musicais.

PATATAP, para producir sons co teclado ou tocando a pantalla co dedo.

Con TYPATONE cada letra que se escribe corresponde a unha nota musical.

RADAR, é un experimento de audio. Funciona ben en Chrome e Safari.

E para compoñer colocando notas e silencios nun pentagrama podemos utilizar

TOYTHEATER

Nesta audición podedes escoitar un fragmento da 5º sinfonía de Beethoven.

Propóñovos coller unha folla de papel e un lápiz e ir marcando o mesmo camiño que debuxa a música para que o trieno poida percorrelo.

Sei que moitos tedes a frauta no cole, polo que non ides poder practicar na casa. Non vos preocupedes, podemos utilizar  recursos dixitais. No enlace "Las posiciones de la flauta" que tedes debaixo escollede "Notas más comunes" e poderedes empezar a tocar.Tedes ademais unha partitura coa que poder practicar durante esta semana. Tamén podedes escoitala e probar a tocar co acompañamento.

lapolca.PNG

            SI     LA SI  LA  LA  SI   SI LA  SI  SI     SI    LASI  LA  LA   SI SI LA  SI   SI

Tocando la flauta
01-Polca.mp3Artist Name
00:00 / 01:29

A ver cantos nomes de peixes aprendedes con esta canción: xurelo, bacallau, castañeta, escarapote...

Parece un trabalingüas!!!

bottom of page